miércoles, 2 de marzo de 2011

ESPAZO ABALAR

A Consellería de Educación ven de habilitar a todos os centros educativos o emprego do ESPAZO ABALAR.


· A través deste espazo, os pais e nais poden realizar o seguimento académico en liña dos seus fillos/as e comunicarse cos titores/as dos mesmos.

· A partir de agora, os responsables dos nenos/as matriculados nos centros Abalar, poderán realizar diferentes accións, tales como a consulta das faltas de asistencia e as incidencias dos seus fillos/as, xustificar as ausencias ou solicitar citas de titoría, entre outras. Lembrade que neste mesmo blog tedes os datos de contacto na pestana CONTACTO e tamen podedes facer, no mesmo blog, os comentarios que consideredes oportunos.


Eu xa estou dado de alta para podervos atender por esta canle pero ten o problema de que para que poidades entrar nela é necesario un lector de DNIs electrónico. Se non dispoñedes deste aparatiño, podese mercar en grandes superficies ou tendas de informática. De todolos xeitos eu sigo pendente do correo electrónico xa que considero que co sistema que levamos polo momento é suficiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario